Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Inmigrantes, 'como a un irmau vos falan'

Este ano o acto de entrega dos Premios da Crítica estivo centrado na integración dos inmigrantes en Galicia. Para iso a Fundación dos premios preparou un caderno coa traducción do poema 'Irmaus', de Celso Emilio, a 23 linguas, entre as que está o ewomdo, o letón, o árabe ou o chinés. Ademais, Vieiros colabora coa Fundación dos Premios da Crítica para recoller máis e máis traduccións. Envíanos a túa.

- 20:20 15/05/2003
Tags:

A Fundación dos Premios da Crítica entregou a comezos de maio os seus galardóns. O defunto Carlos Casares levou dous (creación literaria e ensaio) o de Galego Egrexio foi para o Mago Antón, entre outros, e houbo tamén mencións especiais para Nunca Máis e Burla Negra.

A edición nun caderno da traducción do Irmaus a 23 idiomas ofrecémoscha aquí, de agasallo (formato pdf, 400 kb).

Como xa fixeramos en 1996 coas 1000 primaveras de Cunqueiro, postas en máis de trinta linguas, animamos a traducir os 'Irmaus' aos catro milleiros de linguas que quedan. Se sodes capaces de traducir o 'Irmaus' a frisón, curdo, bengalí ou feroés (ou se sabedes quen podería facelo), enviádenos un correo.

Novas traduccións recibidas:
Traducción ao asturiano, elaborada por Iván Cuevas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: