Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O audiovisual galego de gala

A Academia Galega do Audiovisual entrega os premios Mestre Mateo 2002 nunha gala que se celebra o sábado, día 7, no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela. O conductor do acto será o actor Javier Veiga que estará acompañado na presentación por outras actrices e actores como María Bouzas, Tristán Ulloa, Marta Etura ou Antonio Durán “Morris”. A Big Band da Coruña porá a banda sonora ao espectáculo que tamén contará coa participación de The Killer Barbies, Ballet Druída e Antón Reixa. Tamén haberá números cómicos a cargo de Camila Bossa, Juanillo, Marcos Orsi e outros. Os premios repártense en 24 categorías nas que están nominados máis de 150 profesionais. A Gala será retransmitida en diferido esa mesma noite pola TVG.

- 10:04 06/06/2003
Tags:

Os profesionais nomeados son:

- mellor dirección: Eduardo Galán e Pilar Comesaña, Jorge Coira, Patricia Ferreira e Carlos Sede;

- mellor interpretación masculina: Miguel de Lira, Pepo Suevos, Luís Tosar, Antonio Durán “Morris” e Marcos Orsi.

- mellor interpretación feminina: Nekane Fernández, Mabel Rivera, Belén Constela e María Bouzas.

- mellor actor de reparto: Xosé Manuel Oliveira “Pico”, Celso Bugallo, José Ángel Egido e Xosé Luís Bernal.

- mellor actriz de reparto: Rosa Álvarez, Luisa Merelas, Mónica García e Patricia Lorenzo.

- mellor comunicador de televisión: Uxía Blanco, Pemón Bouzas, Carmen Mella e Xosé Ramón Gayoso.

- mellor banda sonora: Piti Sanz –opta por dous traballos-, Manuel Balboa, Mercedes Peón e Nani García.

- mellor dirección de producción: Roberto Sinde, Luís Collazo, Emilio McGregor/Alfonso Blanco/Paula Fernández, e Amalia Mato/Ana Míguez/Alfonso Blanco e Jesús Vecino.

- mellor dirección artística: Marta Villar, Pablo Vilalba, Inés Rodríguez e Antonio Pereira xunto con Inés Rodríguez de novo –por dúas produccións distintas.

- mellor fotografía e/ou iluminación: Santiago Yannes, Carlos Vilas, Susana Castellvi e Ana Muíño.

- mellor guión: Eduardo Galán e Pilar Comesaña por “Dezine”, Ignacio Vilar por “Ilegal”, Xosé Cermeño por “Pratos Combinados”, e Carlos Ares, Xosé Castro, Andrés Mahía, Raúl Dans, Daniel Domínguez e Chema Gagino por “Terras de Miranda”.

- mellor montaxe: Jorge Coira e Guillermo Represa por “Entre Bateas”, de novo Guillermo Represa por “Ilegal”, Gerardo Rodríguez por “Rías Baixas”, e Martín Giallega, Óscar Rodríguez, Manu Mayo e Luís Millares por “Terras de Miranda”.

- mellor son: Claudio Canedo, José Luís Vázquez, Santi Jul/Fran Arcay, e Fran Arcay/Rubén Bermúdez e Víctor G. Seijo.

- mellores produccións de publicidade: “Cabreiroá. Parque Warner”, de Continental Produccións, “Campaña actores. Estrella Galicia” de IJV Producciones, “C.L.A.S. Campaña de Navidad” de Continental Producciones, e “La Voz de Galicia” de Lúa Films.

- mellor documental: “Europeos”, da TVG, “Monte Alén” de EAF Producciones, “Vía Nova” de Pórtico de Comunicaciones, e “Vivir en Manhattan” da TVG.

- mellor producción multimedia: “Cecebre ecolóxico”, “El Templo”, “Galicia 360º” e “O labirinto dos soños”.

- mellor curtametraxe de ficción: “As Muxicas”, “Bobo Furcia”, “Coma nunca” e “O Trasto”.

- mellor curtametraxe de animación: “A escola das areas”, “Carro, Gallardo y Marela”, “Good Night Mom AMI”, e “Taxia.

Por último, a Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual decidiu outorgar os Premios “Revelación Chano Piñeiro”, “Especial José Sellier” e o de “Honra Fernando Rey”, ao actor Celso Bugallo, ao profesor e catedrático Ángel Luís Hueso Montón, e ao Productor Víctor Ruppén respectivamente.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: