Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Encontro de escritores galegos en Toulouse

O xoves 5 de febreiro celebrouse en Toulouse a primeira mesa redonda sobre narrativa galega contemporánea coorganizada pola Casa de Galiza e o Instituto Cervantes. Interviron no acto os escritores Francisco Castiñeira Romar, Ramón Chao e Xosé Luis Méndez Ferrín, o lingüísta Xose Antón Pérez Bouza e os profesores Jean Alsina e Jaime Hernández Yáñez da Universidade de Toulouse-le Mirail.

- 12:31 10/02/2004
Tags:

Este encontro axuntou varias xeracións de intelectuais galegos, dende os consagrados ata o novísimo Francisco Castiñeira Romar, recente gañador do premio internacional de relato breve Cide Hamete Benengeli da Universidade de Toulouse e Radio France Internationale e que vén de publicar a escolma de relatos “Seica chove”.

Abordáronse na mesa problemáticas como a traducción e a autotraducción, o mercado editorial, a actual normativa do galego, a normalización das linguas propias e a identidade de cada lingua no proceso creativo dos escritores bilingües. Ramón Chao anunciou, pola súa banda, o proxecto de difusión en galego do xornal Le Monde Diplomatique, dirixido por Ignacio Ramonet.

Este evento inscríbese no programa de actividades adicadas a Galicia que están a se celebrar na cidade francesa e nas que se inclúen a pesentación do filme 'O lapis do carpinteiro', de Antón Reixa, e o concerto do grupo de cámara Resonet.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: