Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O Celta pensa xa no Olympique de Marseille

Tras recuperar o bo xogo da primeira volta, O Celtiña ten os ollos postos en Marzo e o seu encontro de cuartos de final da Copa da UEFA. Os franceses caeron na Copa perante o Lens e tamén foi apeado do liderato da liga gala o pasado domingo. O adestrador, Rolland Courbois declarou que vai renovar o seu contrato por un período de tres a cinco anos.

- 13:00 23/02/1999
Tags:

Unha das claves da recuperación do Celta na liga é sen dúbida o regreso de Makelele ó centro do campo. O seu traballo xunto a Mazinho fai que por primeira vez nas últimas xornadas o adestrador atopou o erquilibrio que ante posuía antes da mini crise de resultados. Jordi Cruyff non acaba de entrar no once e a súa lesión complica aínda máis a integración definitiva do sistema. O próximo compromiso ligueiro será en San Mamés perante o Athletic de Bilbao.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: