Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Proxecto Europeme da Cámara de Comercio

A cámara de Comercio de Ferrol vai poñer en marcha a partires do próximo mes de marzo, o Proxecto Europeme de información e asesoramento á pequena empresa sobre o efecto 2000 e as implicacións do Euro. Proporcionarase información e asesoramento a 914 empresas da comarca de Ferrol.

- 23:13 23/02/1999
Tags:

Trátase dun proxecto comunitario, enmarcado na Iniciativa PEME e promovido polo Consello Superior de Cámaras, que proporcionará asesoramento individualizado a novecentas catorce empresas da comarca. O programa posto en marcha pola Cámara de Comercio de Ferrol diríxese fundamentalmente a micropemes, é dicir aquelas empresas con menos de 10 empregados, preferentemente dos sectores comercial e de servicios. Dous asesores especializados, formados específicamente para este programa, visitarán as empresas onde realizarán unha enquisa por medio da cal se trata de valorar o grao de preparación das mesmas para as repercusións que o Euro e o Efecto 2000 terán na súa estructura e funcionamento. A participación da Cámara de comercio de Ferrol neste programa foi aprobado nunha sesión do Pleno da Cámara celebrado o pasado luns 22 de febreiro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: