Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Comeza o curso radiofónico de galego de ERGAC

O pasado luns día 15 de xaneiro no programa Aturuxos de Radio Ciutat Vella comezou a emisión do curso O galego nas ondas realizado por ERGAC (Espacios Radiofónicos Galegos en Catalunya). O curso tamén principiou nos programas Galicia no Vallès de Radio Mollet e en Morriña de Radio Unión Catalunya. O sábado vai ser en Galiza… algo máis de Sants-Montjüic Ràdio e o domingo en radio Gramenet tocaralle o turno ó programa Camiño da Terra.

- 09:21 18/01/2001
Tags:

O galego nas ondas é un Curso de Lingua e Cultura galegas, en formato radiofónico acompañado dun manual de autoaprendizaxe, estructurado en 25 leccións/programas. Trátase do primeiro das súas características que se elabora fóra das fronteiras de Galicia con obxecto de contribuír á normalización lingüística dos emigrantes galegos e daqueles cidadáns alófonos interesados.

Con guión e dirección de Camilo Fernández Valdehorras, profesor de Filoloxía galega da Universitat de Barcelona, foi redactado durante o ano 2000 e gravado no estudio de COM-Radio de Barcelona polos seus autores, o Equipo Gal-UB formado por profesores da Coordinadora de Docencia de Galego da Facultat de Filología da Universitat de Barcelona: Antón Fernández Escuredo, Sabino García, Dr. Xosé Antón Pérez Bouza, Ana Belén Real, Sara Sanjurjo e Ignacio Vázquez Diéguez. O curso conta co aval institucional da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e co patrocinio económico de ERGAC.

Pola súa estructura e contido está pensado e dirixido para a formación lingüística de cidadáns de tódalas idades (especialmente, persoas de orixe galega ou relacionadas con Galicia). Tódolos alumnos interesados en realizalo terán ó seu achego un Manual de autoaprendizaxe con solucionario, editado tamén por ERGAC, para completa-las audicións.

O seguimento regular do Curso faculta para presentarse á proba presencial do nivel de “Iniciación”, que se realizará en xuño de 2001 en aulas da Facultat de Filologia da Universitat de Barcelona. Os alumnos que resulten aptos nesta proba obterán un diploma ou certificado de nivel de “Iniciación” concedido pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, valedeiro a tódolos efectos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: