Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Curta galega no Festival de Cinema e Vídeo de NY

'O meu nome, o meu mundo', unha curtametraxe dirixida polo dúo cómico-musical 'Lijó e Meixide' foi elixida para participar na sección oficial do New York Film Festival. Os seus autores son un par de (excéntricos) licenciados en Ciencias da Información que adican parte do seu tempo a facer de actores para unha serie que vai estrear a TVG, a parir ideas e tamén a montar espectáculos cómico-musicais xunto co seu grupo "A Unión dos Demócratas". O filme seleccionado (de pouco máis de 8 minutos) foi rodado en Sardiñeiro (Fisterra) e reconstrúe a realidade a través dos ollos dun neno que que ve o mundo con filtros como Schopenhauer ou Nietzche, e coa música de Bob Marley. En setembro, 'O meu nome, o meu mundo', proxectarase durante 10 días en todas as salas neoiorquinas.

- 11:16 02/04/2001
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: