Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Bugallo pide á UE máis orzamento para o 2000

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, pediulle onte en Bruxelas á Unión Europea que destine máis orzamento para a Capitalidade Cultural do 2000 "porque esta vez son nove cidades no canto dunha soa".

- 08:13 26/02/1999
Tags:

O alcalde mantivo onte á mañá unha reunión en Bruxelas co Comisario Europeo de Cultura, Marcelino Oreja, en representación das Cidades Europeas do 2000. Alí o rexedor compostelano transmitiulle a "preocupación e necesidade" de reformular os criterios orzamentarios que se destinan a estas cidades, xa que nesta ocasión van ser nove as elixidas en lugar dunha soa.

Bugallo explicou que ata o de agora a Unión Europea acostumaba a destinar entre 500.000 e 6.000 euros (uns 90 millóns de pesetas) a este concepto, pero no ano 2000 será a primeira vez que a capitalidade cultural europea recae en nove cidades, "polo que estes fondos resultan insuficientes".

Xa que logo, o alcalde solicitou a Oreja vías alternativas de financiamento e o comisario, segundo afirmou Bugallo, compremeteuse a trasladar esta preocupación á UE "e amosouse dialogante e comprensivo coas reclamacións". Ademais, o rexedor explicoulle os proxectos que se están a desenvolver nas nove capitais.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: