Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Camilo Nogueira quere ir a Estrasburgo

O deputado autonómico e candidato ás vindeiras eleccións ó Parlamento Europeo polo BNG, Camilo Nogueira, subliñou onte, a necesidade de potenciar as relacións socioeconómicas entre Galiza e Portugal no marco europeo.

- 23:52 25/02/1999
Tags:

Na súa comparecencia, Camilo Nogueira, criticou o labor feito ata agora polos alcaldes do Eixo Atlántico. Camilo Nogueira, candidato polo BNG ó Parlamento Europeo, falou da necesidade de potenciar na Comunidade Europea as relacións existentes, entre Galiza e mailo norte de Portugal. Para Nogueira, a idea do Eixo Atlántico, é acertada pero a misma quedalles grande ós alcaldes que son incapaces de levar a misma a bó porto. O Eixo Atlántico, está segundo Nogueira, mal orientado, xa que os alcaldes presentes cando se constituiu o mesmo, estaban "despistados" e non tiñan claro, polo menos os galegos, o que era o norte de Portugal e Europa. O candidato do BNG ó Parlamento Europeo falou tamén, das próximas eleccións municipais que se celebrarán conxuntamente, ás que el concorre. Camilo Nogueira dixo estar totalmente convencido de que o gran gañador destas será o BNG o que, outorgoulle cinco alcaldías das sete cidades máis importantes de Galiza. Para Nogueira, as próximas eleccións, suporán para Galiza unha auténtica revolución política. Todo elo, de cumprirse, por suposto, as espectativas do nacionalismo galego e, de manterse o incremento dos votos obtidos polo BNG na casi totalidade dos concellos entre os que citou o de Vigo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: