Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A Cámara pide un `Eixo Atlántico Ferroviario'

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra sumouse ás reclamacións feitas por organismos similares en España, Francia e Portugal para a creación dun `Eixo Atlántico Ferroviario' que contribuia á mellor penetración dos productos galegos nos mercados europeos.

- 10:50 26/02/1999
Tags:

Un grupo de cámaras de comercio de España, Francia e Portugal, entre o que se atopa a de Pontevedra constituiron unha fronte reivindicativa para loitar pola realización do proxecto dunha liña ferroviaria de alta velocidade que una estes paises, beneficiando a Galicia, País Vasco, Castilla e León, Asturias, A Rioxa e Cantabria. Ese `Eixe Atlántico' foi o primeiro dos grandes proxectos ferroviarios transeuropeos previstos para o Peninsula Ibérica, actualmente relegado debido a que a súa financiación descansa en fondos da Unión Europea apenas garantizados a corto e medio prazo. A constitución desta fronte celebrouse en Porto recentemente e contou coa participación de organismos camerais de númerosas cidades españolas, francesas e asociacións empresariais portuguesas. Un dos primeiros acordos adoptados neste foro é a demanda urxente da inclusión do `Arco Atlántico Peninsular' na rede de transporte ferroviarioo de alta velocidade debido á importancia da área económica que cubre; desde A Coruña a Setubal vive unha poboación de doce millóns de persoas. Por outra banda, a Cámara de Comercio de Pontevedra convoca o `II Concurso de Escaparates da Camelia'. No certame poderán participar tódolos comerciantes afincados nalgún dos 25 concellos da demarcación cameral. As composicións deberán estar expostas ó público nos escaparates os días 4, 5 e 6 de marzo. Establécense tres premios (50.000, 25.000 e 10.000 pesetas) que serán entregados o día 7 no Concello de Vigo coincidindo coa clausura da XXXV Exposición da Camelia celebrada na cidade olívica. Os interesados deberán inscribirse antes do 3 de marzo, ás 12 horas, na Camara de Comercio. Finalmente sinalar que a Cámara de Comercio de Pontevedra integrouse como representante das nove organismos camerais existentes en Galicia no Grupo de Coordenación Autonómica (GCA) das actividades de Programa de Internacionalización da Pequena Empresa (PIPE) que se desenvolve en toda España baixo a tutela do Consello Superior de Cámaras e a financiación da Unión Europea, a través dos fondos Feder; é por tanto sede central do PIPE en Galicia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: