Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Salcedo terá en breve o seu centro social

A parroquia pontevedresa de Salcedo deu os seus primeiros pasos para a creación do ansiado Centro Social Multiusos ó mercar a Comunidade de Montes unha parcela de case 6.000 metros cadrados que podería alberga-la futura construcción.

- 11:18 02/03/1999
Tags:

As aspiracións que dende fai tempo tiña a Comunidade de Montes están a facerse realidade coa compra por parte desta asociación da parcela coñecida coma `San Pedro'. O terreo de 5.700 m2 está situado de forma inmellorable, segundo informou o presidente da Comunidade de Montes, Pastor Torres, xa que coma dixo está equidistante das zonas claves da parroquia, coma pode ser o colexio de Cabanas ou a capela. O proxecto que a asociación ten para esta finca é a de facer un local social no que se poida co tempo facer tamén unhas instalacións deportivas, piscina, zona verde, ademais de aparcamento para os veciños que desexen utilizar esas instalacións.A compra foi aprobada polos comuneiros nunha asamblea realizada a principios do mes de febreiro. Nesta xunta se chegou o acordo de comprar a finca aínda que o prezo era superior ó previsto polos directivos da comunidade, pero pola contra van tentar que o Concello aporte algunhas axudas económicas para a realización do local, aínda que este vai tardar un pouco en realizarse. Outro dos temas que se trataron na reunión foi o da denuncia xudicial a certos particulares que tentaban a usurpación de terreos da comunidade nas zonas de Matalobos e As Croas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: