Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O Casco Vello, "zona saturada" de ruídos

O Concello de Ourense quere declarar a zona vella da cidade como zona saturada de ruídos. Con esta medida se pretende aplicar a lei estrictamente aos locais da "movida" nocturna. Nas últimas semanas os veciños se maniferstaron en varias ocasións como medida de protesta.

- 02:37 03/03/1999
Tags:

Con vistas a chegada do bó tempo no que o ambiente nocturno nas rúas de cidade é maior, o Concello estudia aplicar da maneira máis estricta a lei contra ruídos nos locais da zona vella. A Asociación de Veciños do Casco Vello vense manifestando continuamente ante a proliferación de ruídos na rúa.
Nas últimas semanas a patrulla da Policia Local percorre as rúas da cidade nas noites de venres e sábados especialmente, co fin de evitar que os ruídos da música excesivamente alta chegue á rúa. Os locais teñen que permanecer pechados é está prohibido sacar as copas fora do establecimento.
Tamén se quere tratar o horario de peche dos locais para que cada un cumpla o seu establecido, facendo as debidas distincións entre as categorías dos locais
Entrará en vigor unha medida que obligará a situar un letreiro indicativo na porta do local no que se indiquen todas as características deste.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: