Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Pampallín: alcol, mocidade e estratexia política

Na Serra de Outes (A Coruña) a noite previa ao Primeiro de Maio celébrase o Pampallín, unha festa tradicional propia do Ciclo de Maio, que ten como elemento básico o lume. Sen embargo o Concello de Outes nos últimos catro anos estalle a dar un enfoque diferente: envía un convite a todos os mozos e mozas de 18 a 30 anos gracias ao que poden tomar copas de balde toda a noite a conta do Concello. Carlos Crespo, alcalde deste municipio e presidente da Comisión de Cultura da Deputación coruñesa, "vén de converter esta festa tradicional nunha versión para a mocidade das festas dos vellos que organizan os alcaldes do rural galego", segundo denuncia Manuel González, responsable do BNG en Outes. "Non se poden malgastar cartos públicos para incentivar o consumo de alcol", apuntou.

- 18:30 30/04/2002
Tags:

.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: