Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A ampliación dos Xulgados

O Conselleiro de Xustiza, Xesús Palmou estivo o xoves 25 de febreiro en Ferrol para presidir o acto de colocación da primeira pedra das obras de ampliación dos xulgados de Ferrol. O Conselleiro estivo acompañado polo alcalde de Ferrol e polo Presidente do Tribunal Superior de Xustiza.

- 16:08 26/02/1999
Tags:

A obra inclúese dentro do Plan de Infraestructuras xudiciais e ten un presuposto de 189 millóns de pesetas. A obra será executada pola empresa Abeconsa e ten un prazo de execución de 12 meses. O edificio construirase tendo en conta as necesidades singulares dun edificio deste tipo. O proxecto contempla a construcción de oficinas, salas para o forense e unha entrada para vehiculos celulares. O conselleiro de xustiza, Xesús Palmou afirmou que o novo edificio vai contar, cando se inaugure, coa máis moderna infraestructura informatica xudicial.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: