Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O fuel do Prestige chega á costa

(Sábado 16 de novembro ás 16h) Os verquidos producidos polo Petroleiro Prestige chegaron ás costas galegas, acadando a zona afectada uns 18 km. de longo entre Camariñas e as illas Sisargas. Entre as zonas máis afectadas, áchanse a área de Sta Mariña e Punta Roncudo. Xa chegaron á costa ás primeiras aves petroleadas.

- 17:24 16/11/2002
Tags:

Ademais dos bancos de percebes e da fauna e flora asociada ás costas rochosas, alcas, gaivotas e fulmares son as primeiras aves localizadas nas costas afectadas polo verquido. Tamén está a prexudicar os bancos marisqueiros das praias da zona.

Segundo declaracións de compañeiros do grupo ecoloxista PX, que formaron grupos de vixilancia pola Costa da Morte, as barreiras de contención tivéronse que retirar a última hora da mañá polo mal estado da mar (calcúlase unha forza 8), para tentar instalalas de novo a primeira hora da tarde).

Os membros destes grupos están recibindo as queixas dos mariñeiros da zona, posto que se está a priorizar a protección das zonas privadas de marisqueo, esquecéndose dos bancos naturais.

A Federación Ecoloxista Galega (FEG) lembra que estamos a falar dunha zona que está incluida na proposta da Xunta e do Estado Español de espacios susceptíbeis de formaren parte da Rede Natura 2000, a futura rede europea de espacios protexidos. Trátase polo tanto, dunha zona declarada como LIC (Lugar de Interese Comunitario).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: