Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Agrávase a crise do PSOE local: Dimite o candidato

O PSdG-PSOE de Pontevedra parece entrar nunha crise en barrena ó sucederse a demisión do candidato á Alcaldía da cidade, Miguel Anxo Montero Vaz. Hai días, tal como anunciamos en Vieiros Pontevedra, xa se producira a renuncia á Secretaria Xeral local por parte de Baltasar García, detonante do actual proceso desmembrador.

- 10:57 02/03/1999
Tags:

Montero Vaz esgrimiu razóns de conveniencia política para o conxunto da organización socialista en toda Galicia o feito da súa demisión. "Con Emilio Pérez Touriño úneme unha relación cordial e de amizade, pero hai que dicir que puxemos as cousas moi difíciles e el non podía asumir protagonismo nunha crise como esta sen levantar ampolas", sinalou o xa ex candidato á Alcaldía de Pontevedra. A executiva galega do PSOE emitiu unha pequena nota de prensa na que confirma que Antón Louro Goyanes será o presidente da xestora que sustitúe á executiva local do partido en Pontevera. Louro estará acompañado nesta difícil tarefa por José Luis Coladas, ex presidente da Federación de Asociacións de Pais de Alumnos; Andrés Vilán, director do instituto de bacharelato `Valle-Inclán'; María Xesús Arrate Varela, deputada no Congreso e o concellal de Poio, Pedro Soto, na súa condición de coordenador comarcal. A crise no PSOE local levaba larvada desde hai tempo polo enfrontamento que mantiñan desde sempre o secretario xeral local, Baltasar García, e o candidato á Alcaldía, Montero Vaz, ámbolos dous demitidos agora dos seus cargos. O PSOE local queda prácticamente orfo a tres meses das eleccións municipais o que pode producir que o electorado de esquerdas e progresista se decante finalmente polo BNG, opción á que as enquisas lle dan gañador (posiblemente con maioría absoluta) en Pontevedra capital.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: