Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O Grupo Gallego de Cable chámase agora 'R'

O Grupo Gallego de Cable vén de presentar ´R´, a nova denominación deste operador global de telecomunicacións. A nova empresa, nacida hai oito meses, está participada por varias empresas de comunicación de Galicia e ten como obxectivo investir máis de cincuenta mil millóns de pesetas nunha rede de fibra óptica, a cal pretenden que estea instalada nas sete capitais galegas antes de que remate o ano e no resto de Galicia en menos de dez anos.

- 12:31 30/06/1999
Tags:

A presentación oficial da nova operadora terá lugar hoxe pola tarde, nun acto presidido por Manuel Fraga, no Palacio de Congresos de Santiago. Os directores da nova marca, Honorato López Isla e Arturo Dopico, destacaron como principal novidade de 'R' a posesión dunha infraestructura coa que poderán rachar o monopolio de servicios de telefonía do que ata agora gozaba Telefónica. A rede de fibra óptica proporcionará, desde un único punto no fogar ou na empresa e cunha única instalación, a capacidade para estar equipado para recibir todos os servicios de telecomunicacións actuais e futuros.

A empresa, que conseguía en agosto do ano pasado a concesión da televisión por cabo en Galicia, ten previsto facer o seu lanzamento formal ao mercado no próximo mes de setembro. O Grupo 'R' prevé contar con 2.000 clientes en Galicia a finais deste ano, chegar aos 20.000 clientes no 2000 e, no prazo de oito anos, contar cunha carteira de 150.000 clientes gallegos.

Ademais, antes de que remate o ano 'R' xerará 140 empregos directos e uns 400 inducidos e terá investido un total de 6.800 millóns de pesetas, na súa maioría destinados á construcción da nova infraestructura da rede de fibra óptica.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: