O alcalde de A Coruña, Francisco Vázquez, pensa que o proxecto de cidade cultural de Santiago provocará a ruptura absoluta da convivencia entre os galegos, e que agravia a toda Galicia.
A Xunta pretende construir unha cidade da cultura cunha inversión inicial de 18.000 millóns.
Vázquez convocou unha rolda de prensa para presenta-lo pliego de bases que rexirá o concurso de ideas deste proxecto.
Francisco Vázquez opina que o plan "é inimaxinable en calquera sociedade democrática, e incluso non democrática", e que "ameaza a estabilidade de Galicia". Segundo el, "a sociedade civil debe responder ó agravio".
O proxecto inclúe unha biblioteca, un museo de Galicia, hemeroteca, sonimateca, auditorio, sala multiusos, sala de conferencias, teatro da Opera e museo da comunicación e contará tamén con equipamentos deportivos, lúdicos e naturais.
Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago, dixo que as críticas de Vázquez producen "fartura" e son froito da envexa e a frustración. Segundo el mesmo, A Coruña non é a Xibraltar de Galicia.