O nomeamento de Antonio María Rouco Varela coma presidente da Conferencia Episcopal de España provocou a ledicia na súa vila natal de Vilalba, onde se vive con grande ilusión a progresión profesional deste xerarca da Igrexa que hai pouco máis dun ano foi nomeado cardeal.
O Alcalde, Agustín Baamonde, foi quen máis directamente reflectíu a ilusión popular. O nomeamento é, na opinión do rexedor, "o primeiro paso cara ó Vaticano", manifestando dise xeito que os cargos de Rouco (arcebispo de Madrid, cardeal e presidente dos Obispos españois) ficarán curtos a ollos dos seus paisanos se non se lle chega a nomear Papa. Pola súa condición de cardeal, Rouco é unha das persoas que elexirá ó sustituto de Juan Pablo II e ten algunha papeleta para ser el mesmo o sucesor. Esta circunstancia foi repetidamente negada polo interfecto.