Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
CONGRESO EN COMPOSTELA

Galiza e Irlanda, dúas fisterras europeas

O Departamento de Historia Contemporánea da USC e o Consello da Cultura Galega organizan do 21 ao 24 de abril o congreso 'Galiza-Irlanda: dúas fisterras europeas', un encontro internacional no que tamén colaboran a Universidade de Cork e o Ministerio de Cultura de Irlanda. Durante as xornadas analizaranse as relacións históricas e culturais entre ambos os dous países dende a antigüidade, a evolución e cambio do mundo rural nos dous séculos pasados, o nacionalismo, a emigración, a industrialización tardía, a lingua e a literatura.

- 14:30 21/04/2004
Tags:

As conferencias inaugurais do congreso correrán a cargo do profesor da USC Lourenzo Fernández Prieto, que impartirá a conferencia titulada Irlanda-Galicia: dúas traxectorias históricas parellas, e do profesor da Universidade de Cork Patrick OFlanagan co tema Irlanda, Galiza, Ibérica Atlántica e Europa Atlántica. Aquí poden consultar o programa completo.

O prazo de inscrición remata o 19 de abril. Os estudantes das Universidades de Vigo e da Coruña e os estudantes de Ciencias Económicas, Xeografía e Historia, Xornalismo, Filoloxía e Ciencias Políticas da USC poderán validar un crédito de libre configuración pola asistencia a este congreso.


0/5 (0 votos)