Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CERTAME DE CINEMA GALEGO

O Festival de Cans entrégalle o Pedigree de honra a Tosar

Luís Tosar, Antonio Durán "Morris", Teté Delgado e Julián Hernández son algúns dos artistas que asistirán entre os días 21 e 22 de maio ao "Festival Cinematográfico de Cans" –parroquia do Porriño- que organiza a Asociación Cultural Arela. Este certame pretende homenaxear o cinema galego e faralle entrega do premio de honra –o Pedigree- ao lugués Tosar.

- 16:57 03/05/2004
Tags:

O xurado deste festival contará con membros pertencentes ao mundo do cine e o audiovisual, e estará presidido pola actriz porriñesa Teté Delgado. Con ela estarán Julián Hernández, líder de Siniestro Total; Antonio Durán "Morris", actor de cine, teatro e televisión e Suso Iglesias, guionista e director de televisión, creador do programa da TVG, Xabarín Clube.

Ao longo do 22 de maio terán lugar varias proxeccións de curtametraxes, todas elas galegas. En total serán doce curtas de ficción e cinco de animación. Os espectadores que queiran ver estas filmacións terán que abonar tres euros. No intermedio das proxeccións terá lugar unha actuación acústica a cargo do actor Toñito de Poi, ex membro do grupo musical Os Heredeiros da Crus.

Este certame de curtametraxes, que conta coa colaboracón do Concello de Porriño e da Asociación de hostalería Espacio Noite, toma o seu nome do paralelismo entre a pronuncia do nome da parroquia porriñesa Cans con Cannes, a cidade francesa que acolle o veterano e prestixioso festival de cine.

Máis información


0/5 (0 votos)