Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Crise interna na Cámara de Comercio

O tesoreiro da Cámara de Comercio, Manuel Pérez solicitou ó pleno da cámara de Comercio de Ferrol o seu cese, por non querer asinar ordes de pago en operacións, que o tesoreiro considera "irregulares e sospeitosas".

- 14:36 08/03/1999
Tags:

O Pleno da Cámara de Comercio de Ferrol reunirase na tarde do luns 8 de marzo para debater a proposta de cese de Manuel Pérez como tesoreiro da Cámara. A situación prodúcese logo de que Pérez se negase en reiteradas ocasións a asinar ordes de pago a favor do Consorcio Pro-feiras e exposicións. Manuel Pérez non está disposto a dimitir, xa que, segundo afirma, "as súas accións como tesoreiro da cámara se atopan fora de toda sombra de dúbida".

Pérez denuncia ademáis a realización de operacións económicas e financeiras "sospeitosas e irregulares", que el "non vai aceptar "estampando a súa firma". Asemade, tamén denuncia presións por parte de membros do equipo directivo da Cámara de Comercio e do Consorcio Pro-feiras para que asinase ordes de pago irregulares e para que cesase no seu cargo.

O constructor e tesoreiro da cámara ten denunciado ademáis o silenciamento deste asunto, "do que ninguén quere falar, e algúns medios de comunicación manipulan".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: