Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RUGBI

O País de Gales gaña o Seis Nacións de rugbi

O torneo internacional máis importante de rugbi do hemisferio norte, o Seis Nacións, foi parar ao pequeno País de Gales logo de once anos. Coa súa vitoria sobre Irlanda por 32-20, os dragóns vermellos conseguiron ademais a Triple Coroa ao derrotar a todos os conxuntos británicos e o Grand Slam ao vencer en todos os partidos do torneo, algo que non conseguían dende 1978. A segunda posición do Seis Nacións foi para a selección francesa, que partía como favorita, mentres que a culler de pau, que "premia" os últimos clasificados, foi para a selección italiana.
A crónica do partido, na BBC
Manuel Espiña: "Sería viábel unha selección galega de rugbi"
Resultados completos da xornada

- 21:04 20/03/2005
Tags:


0/5 (0 votos)