Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
POLÍTICA LINGÜÍSTICA NA UE

A web da Unión Europea podería ter unha versión en galego

O Parlamento Europeo aprobou hoxe un informe que insta a Comisión Europea a que permita e promova a tradución da web da Unión a todas as linguas oficiais dos estados, entre as que se podería atopar o galego. En todo caso, os custos correrán a cargo do goberno español, que é quen ten que decidir se se traducen finalmente.

- 22:54 12/05/2005
Tags:

O pleno do Parlamento Europeo aprobou, por 398 votos a favor, 54 en contra e 55 abstencións, un informe completo sobre criterios comunicativos e informativos da Unión Europea. Entre as medidas que se recomendan no informe está a de potenciar os medios de comunicación rexionais, as de mellorar a comunicación web e a comunicación en directo das actividades da Unión, a de publicitar as webs comunitarias e a de aumentar os recursos e iniciativas dirixidos a dar a coñecer o texto da Euroconstitución.

Pero tamén é especialmente interesante o punto en que o Parlamento Europeo insta a Comisión a que dispoña a web da Unión en todos os idiomas oficiais da Unión e en todos os idiomas que son oficiais dentro dos estados membros. Na actualidade, a portada e os contidos principais poden ser consultados nas 20 linguas oficiais, pero boa parte dos interiores están unicamente en inglés e francés.

Baixo este epígrafe podería integrarse o galego, sempre que o estado español o impulsase e sempre que o goberno de Madrid asumise os custos. A europarlamentaria socialista catalá Maria Badia cre que o executivo de Zapatero accederá sen problemas á demanda de tradución.


Documentos

0/5 (0 votos)