Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
II EDICIÓN

Dous días para o Festival de Cine Galego de Cans

O venres 20 e o sábado 21 de maio son as datas elixidas para celebrar o Festival de Cans, no Porriño, nunha segunda edición que homenaxeará ao actor de Pontevedra Celso Bugallo. Os alpendres, galpóns, garaxes e adegas de Cans están xa dispostos para acoller as proxeccións das curtametraxes que participan este ano: ficción, animación, etc. e, como non, tamén está disposto o transporte oficial: o chimpibus.

- 10:32 19/05/2005
Tags:

A diferenza de 2004, nesta ocasión o festival comezará cunha gala de estrea o vernes 20. Este festival, que organiza a Asociación Cultural Arela e que coordina o guinista Alfonso Pato, homenaxea na súa segunda edición ao actor Celso Bugallo, coñecido por series de televisión coma Mareas vivas ou Terra de Miranda. Nos últimos anos Bugallo participou tamén en produccións cinematográficas que o deron a coñecerse no panorama español: A lingua das bolboretas, A vida que che espera, Os luns ao sol e Mar adentro.


0/5 (0 votos)