Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
ENTREGA DOS PREMIOS CURUXA 2005

As Xornadas do Humor encherán Fene de caricaturas

O programa das XVII Xornadas do Humor comeza o sábado 11 de xuño coa exposición Curuxas 2005, conformada por unha escolma de debuxos de deseñadores de máis de corenta países que optan ao galardón Curuxa gráfica. Caricaturistas, espectáculos teatrais e contacontos son as actividades previstas no Museo do Humor de Fene para esta fin de semana.

- 09:48 15/06/2005
Tags:

Baixo o título de "Caricaturistas en liberdade" unha morea de debuxantes realizarán esbozos para todos aqueles que se acheguen, a partir das 17:30 do sábado 11 de xuño, ao Museo do Humor. Ás 19:30 actuarán "Os fabulosos cubatas de Fockink Brothers", que interpretarán os seus últimos éxitos.

A entrega dos premios Curuxa, aos que concorreron 250 artistas, será o domingo 12 de xuño ás 18:30. O programa remata coa actuación "Contando baixiño" do actor Carlos Blanco, coñecido polas súas caracterizacións como o señor Paco, Ladislao e outros personaxes teatrais e televisivos.

O museo, dirixido por Xaquín Marín, convoca anualmente os premios Curuxa de Humor nas vertentes gráfica, literaria e fotográfica. Organiza tamén, dende a súa entrada en funcionamento en 1984, as Xornadas do Humor. Pode visitarse na Casa da Cultura de Fene de 9:00 a 12:00 e de 17:00 a 20:00 horas de luns a sábados.


Ligazóns

0/5 (0 votos)