Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SOFREN OS MAIORES OBSTÁCULOS A NIVEL ESTATAL

Medio millón de mozos galegos agardan un "plan" que lles axude a emanciparse

A taxa de poboación xuvenil e o desemprego e a dispersión xeográfica serán criterios para repartir os 2.341 millóns de euros que o goberno central promete investir no plan para a mocidade 2005-2008 que ten a meta de aumentar os índices de emancipación dos novos. Así e todo, paro e dispersión, problemas especialmente significativos para explicar a fenda galega, serán os criterios que pesarán menos, un 20% do total, á hora de repartir os investimentos.

- 08:17 01/07/2005
Tags:

O Instituto da Xuventude promoverá á volta do verán a creación nas comunidades autónomas de cadansúa "Oficina de Emancipación Xove", financiando a súa posta en marcha e trasladándolle a continuación ao goberno autonómico a responsabilidade de garantir o seu funcionamento. A xestión dunha bols de alugueiros e a coordinación de todo tipo de axudas e iniciativas en materia de vivenda serán tarefa destes centros. O proxecto forma parte do proxecto que o goberno anunciou que presentará oficialmente no consello de ministros deste venres, e que persegue tamén outros obxectivos, coma a adecuación da formación dos mozos ás demandas laborais .

A poboación xuvenil será criterio fundamental, nun 80%, para o reparto dos 2.341 millóns iniciais de investimento. Lembrámoslles que os datos de poboación nova que manexa o Inxuve, referidos ao INE de 1999, sitúan a Galiza cun 6,6% sobre o total da poboación xove, entre 15 e 29 anos, no total do Estado, en quinta posición atrás de Madrid, Cataluña, Andalucía e a Comunidade Valenciana. Sobre o total da súa poboación, a porcentaxe de mozos en Galiza é unha das menores do Estado, cun 22,8%, apenas superior á Rioxa, Aragón, Asturias, as dúas Castelas e Estremadura.

Especialmente en materia de vivenda, o plan estenderase deica os 34 anos. A estatística amosa en Galiza non chega ao 40% a porcentaxe de galegos entre 30 e 34 anos que asinaron un contrato de traballo indefinido, que un 15% está no paro e que só un 17,3 accedera a vivenda propia no último trimestre estudado. Por baixo desa idade os indicadores son moito peores, sendo a mocidade galega a que sofre a terceira taxa de paro máis alta.

O ministerio de Traballo e Asuntos Sociais anunciou que a proposta recollerá as achegas que nos últimos meses se recibiron de ducias de asociacións xuvenís consultadas a través dos foros que a través do Consello da Xuventude se coordinarón entre as administracións estatal, autonómica e locais. Non hai moitas semanas que lles contabamos precisamente do último informe do Observatorio Xove da Vivenda deste organismo, que advertía que un un mozo galego precisa o 40% do seu salario para acceder a unha vivenda.


Ligazóns

0/5 (0 votos)