Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PPdeG DENUNCIA IRREGULARIDADES URBANÍSTICAS EN BETANZOS

O TSXG dille ao Concello de Sada que se mantén a suspensión das normas urbanísticas

En resposta ao contencioso-administrativo promovido polo Concello de Sada, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza resolveu desestimar a petición para que se paralizase a aplicación da resolución coa que a consellaría de Política Territorial suspendera as normas urbanísticas municipais. Contámoslles por outro lado que o PPdeG anunciou que levará ao Parlamento unha presunta irregularidade urbanística cometida polo alcalde de Betanzos, o socialista Manuel Lagares.

- 08:38 30/12/2005
Tags:

"Que non veña agora a Xunta a foder aquí", declaraba este xoves para os micrófonos da Radio Galega un irritado Ramón Rodríguez Ares, alcalde de Sada. Ares insistiu en que negarlle á Xunta capacidade para suspender as licencias urbanísticas do seu Concello, retrucándolle á consellaría de Política Territorial que "só pode denunciar os nosos acordos" e insistindo en que o Concello "mantén as súas competencias".

Durante a mesma xornada, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ratificaba e comunicáballe ao goberno galego a súa decisión sobre o conflito do executivo co goberno local sadense. O TSXG subliña a paralización das licencias para edificar, derrubar ou dividir predios, así coma todo procedemento de planeamento ou xestión urbanístico no contorno do Concello. O Tribunal reafirma así a vixencia do procedemento da consellaría até que estea en vigor o ordenamento provisional para o urbanismo sadense que debe aprobar o Consello da Xunta.

Contámoslles por outro lado do anuncio do PPdeG de levar ao Parlamento galego a recente aprobación da construcción de dúas urbanizacións no concello de Betanzos. Os populares critican que o alcalde da vila, o socialista Manuel Lagares, votase no pleno municipal que decidiu sobre estes predios cando el mesmo fora o seu antigo propietario. Denuncian ademais que a edificabilidade permitida para estas obras dobra a que podería autorizarse de realizarse a votación coa entrada en vigor a próxima Lei do Solo.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: