Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
IAGO VILAR ERA O RESPONSÁBEL DA WEB DE AMI

Ceiban o independentista ourensán detido onte

O mozo independentista detido este xoves en Ourense foi liberado esta mañá despois de pasar a noite na Comandancia da Garda Civil da Coruña. Iago Vilar, quen segundo informa Ceivar é presidente da asociación cultural ourensá A Esmorga e colaborador de AMI -era o responsábel da súa web-, foi liberado con cargos que o acusan de asociación ilícita no marco da Operación Castiñeira, que comezou o 14 de novembro coa detención de outras dez persoas vencelladas a AMI. O colectivo Ceivar convocou para hoxe unha concentración na praza do Ferro de Ourense para protestar contra esta operación, que eles prognostican que "traerá máis detencións" nas vindeiras semans.

- 16:38 30/12/2005
Tags:


5/5 (1 votos)