Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Creada a Fundación Portal Antón

A Fundación Portal Antón, promovida por Asfedro foi constituída oficialmente o xoves 11 de marzo. A investigación no eido da loita contra a drogadicción é o obxectivo primordial desta fundación. O acto de constitución oficial da fundación Portal Antón estivo presidido polo Conselleiro de Sanidade.

- 21:43 11/03/1999
Tags:

Recoñecer a laboura do Almirante Gabriel Portal Antón na tarefa de achegamento da sociedade civil e a castrense. Ese foi o que levou a ASFEDRO a darlle o nome "Portal Antón" a esta fundación que ten como obxectivo promover a investigación no eido da loita contra a drogadicción.

O Xuiz decano de Ferrol, José Luis Aulet Barros é o presidente desta fundación. No acto de constitución oficial estivo presente o Conselleiro de Sanidade, José María Hernández Cochón, quen aplaudiu esta iniciativa promovida por ASFEDRO. O Conselleiro destacou que Ferrol é unha das primeiras cidades galegas que "dá un paso ó frente no que se refire á loita contra esta enfermidade".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: