Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Publicación Murguía

RSS de Publicación Murguía
INVESTIGACIÓN

Ánxel Casal. Un percorrido biográfico

Infancia e mocedade

Ánxel Casal Gosenge naceu o 17 de decembro de 1895, na casa nº 28 da Fonte de San Andrés, en pleno vello barrio da Pescadería, a activa zona de pequenos comerciantes e menestrais que definiu desde o XIX o carácter da cidade. Naceu no seo dunha familia traballadora que nunca foi de acomodo. Os seus pais, Manuel Casal Basteiro, xornaleiro natural de Vilantime (Arzúa), e Filomena Gosenge Arias, de Visantoña (Santiso), aparecían no padrón municipal de 1894 como criados dun crego co que habitaban o segundo andar da citada vivenda da Fonte de San Andrés. Segundo testemuño dun dos irmáns de Casal, Manuel Casal Agra, seu pai trasladárase á Coruña para facer o servicio militar e, logo de tres anos na milicia, na que chegou a sarxento, casou e quedou a vivir na capital coruñesa, onde aprendeu o oficio de xastre e montou unha fonda.

- 12:51 03/03/2006
Tags:

O certo é que no padrón de 1899, os Casal Gosenge xa non figuraban como criados do cura e vivían na rúa da Galera, 40,1º. Dous anos máis tarde faleceu Filomena, e Manuel casou con María Salgado Otero. Coa segunda muller e os dous fillos do seu anterior matrimonio, Ánxel e Genoveva, ocupaba en 1908 os dous primeiros pisos da mesma casa da rúa Galera. En 1911, logo da morte de María Salgado, Manuel Casal casou por terceira vez, con María Agra Carrón, coa que tivo cinco fillos, Carmen, Luís, Manuel, María e Purificación....

» máis en Murguía. Revista Galega de Historia


0/5 (0 votos)