Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACALMANDO O ANOXO DO SEU PROPIO PARTIDO EN VIGO

Touriño desvaloriza a proposta de Romeu para a área metropolitana

"É un documento de estudo e por tanto nunca será un obstáculo", asegurou o presidente da Xunta este xoves. Emilio Pérez Touriño laiouse de que "alguén o puidera entender dese modo" e pediu "non continuar colocándonos arredor dunha cuestión que non ten sentido". O persidente chamou a iniciar "o diálogo e un traballo rigoroso para acadar un pacto polo territorio e sermos capaces de definir as características que deben ter estes grandes espazos". "Hai vontade do goberno de apostar por Vigo e atopar o mellor modelo para a súa área metropolitana", dixo Touriño que malia a polémica asegurou confiar no conselleiro de Presidencia para "mediar e levar adiante ese proceso".

  • Anterior: Abel Caballero critica o documento de Presidencia para a área metropolitana

- 07:54 24/03/2006
Tags:


0/5 (0 votos)