Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEIS MESES DE PRAZO PARA O ACORDO NA ASEMBLEA

Catro anos despois outra oportunidade para o diálogo político no Úlster

Suspendido desde o outono de 2002, o Parlamento autónomo do Úlster inaugurou sesión outra vez este luns, logo de que os gobernos británico e irlandés acordasen a necesidade de darlle outra oportunidade ao complexo escenario político para chegar a un pacto que permita recuperar a súa autonomía política. Os deputados terán até finais de novembro para chegar a un acordo antes de que se lles quite o soldo. A vontade de diálogo semella ser maior desde o lado republicano, onde o Sinn Féin anunciou que estaría disposto a cederlle a xefatura de goberno aos unionistas. Pero precisamente desde esoutro bando, o líder do DUP, Ian Pasley, xa realizou belixerantes declaracións onde se nega a calquera pacto co Sinn Féin.

- 09:14 16/05/2006
Tags:


0/5 (0 votos)