Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
"INCRUSTACIÓN" DE DATOS INNECESARIOS

Advirten sobre novas ameazas á privacidade no "chip" do carné electrónico

"Debera ser un documento oficial que se crea co obxetivo exclusivo de autentificar a identidade do seu titular e non debe incluír de entrada máis datos dos necesarios para a identificación". Así o defende a Comisión de Liberdades e Informática, colectivo que non é a primeira vez que advirte sobre as ameazas á privacidade que introduce o novo documento electrónico de identidade.

- 09:55 18/05/2006
Tags:

A Comisión fai repaso dos datos que inclúe o chip do novo DI e subliña que só a plantilla coa pegada dactilar, o certificado de sinatura, o certificado da autoridade emisora e as claves, recursos todos eles vencellados á propia sinatura electrónica, teñen xustificación legal para a súa inclusión no chip.

Pola contra, refírense á fotografía dixitalizada, a sinatura manuscrita dixitalizada ou os datos de filiación do individuo como informacións vencelladas á identificación do individuo, que "ao seguir sendo presencial, non ten ningunha xustificación que se inclúan tamén no chip". Desde a Comisión de Liberdades e Informática pregúntanse o por que da inclusión duns datos que en principio suponse que non se van usar, e advirten que é un primeiro chanzo para inclusión de datos biométricos e que en todo caso, poden ser obxecto de uso indebido ou "almacenárense en bases de datos á marxe da legalidade vixente". Con tal motivo piden que se eliminen do novo carné electrónico e solicítanlle ao goberno español que dea explicacións ao respecto.

O colectivo está a prol a da apertura dun debate social e parlamentario sobre o documento de identidade electrónico "que conduza á aprobación dunha lei específica" que regulamente o seu uso.


Ligazóns

0/5 (0 votos)