Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REPÍTESE A DISTRIBUCIÓN DE FORZAS

Vitoria comunista nas parlamentarias chipriotas

Era a primeira vez que os chipriotas ían ás urnas desde que en 2004 rexeitaran o plan de paz das Nacións Unidas para as illas, e a primeira votación para o Congreso desde que o país entrou na Unión Europea. Os resultados confirman ao principal pé do actual executivo tripartito, a formación comunista AKEL, como a máis votada polos cidadáns, co 31.17% de apoios, tres puntos menos que hai cinco anos. Por tras, e tamén cun significativo descenso de apoios, están os conservadores do DISY, co 30.5%. O máis favorecido sería o DIKO, partido do actual presidente, que brincou ao 17.7% dos votos. Para ampliar sobre Chipre.

- 07:51 22/05/2006
Tags:


0/5 (0 votos)