Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A POLO GHIT!

Dez cancións compiten xa por seren o 'ghit' do verán

Dende esta semana son dez as pezas que están a competir en A polo Ghit, o concurso posto en marcha por Vieiros e a Radio Galega para buscar a canción do verán en galego. Ás seis cancións que se lanzaron o primeiro día do concurso xa se lle engadiron outras catro, que son Marquiños, de La Sonora Callejera (grupo no que canta o presentador Paco Lodeiro), In the Ocean de Pulpiño Viascón, Quero dicircho de Dandy Fever e A das festas, un pasodobre-ska a cargo de Guezos. E todas elas están a ter un gran éxito, a xulgar polo número de votacións, comentarios e descargas das cancións, dato que non está á vista pero dicímolo nós: o que máis descargas leva vai case polas 2.500. E trátase de Markinhos Drinkin, quen xa está a acadar o estrelato mundial, actuación en Luar incluída que xa está colgada no Youtube.

- 12:16 19/06/2006
Tags:


0/5 (0 votos)