Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O REXEDOR POPULAR DE NEGREIRA TAMÉN ANUNCIA A RETIRADA

O alcalde socialista de Vilagarcía non será candidato en 2007

"A vida é así. Eu recollín xestións de anteriores alcaldes e agora outro alcalde recollerá as que nós levamos feitas nos últimos anos e no que queda de mandato". Así anunciaba este martes o actual alcalde de Vilagarcía de Arousa, Xavier Gago, a súa despedida do escenario político municipal. Gago, que levaba quince anos no cargo, anunciou que non repetirá como candidato do PSdeG en 2007 e xustificou a decisión no desexo de retomar a "vida familiar e profesional", aínda que non descartou atender a unha posíbel petición do partido para asumir algún cargo a nivel autonómico. E outro que anunciou esta semana que non repetirá como cartel do partido, neste caso polo PPdeG, foi o alcalde de Negreira, Xosé Blanco Pazos, famoso polos seus agoiros fraguistas, e que acumulaba doce anos e tres maiorías absolutas á fronte da vila.

- 07:04 21/06/2006
Tags:


0/5 (0 votos)