Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INTRODUCIÓN DAS TIC NO ENSINO

Dez mil computadores máis para as escolas galegas

Cun investimento conxunto de 16 millóns de euros, a Xunta anunciou este martes o submninistro ás aulas galegas de diverso material informático, nun proxecto no que colaboran a consellaría de Educación e a entidade estatal Red.es. Así, o próximo curso, a adminitración educativa galega distribuirá un total de 10.576 PCs; 6.043 pantallas; 2.425 ordenadores portátiles; 425 impresoras láser; 541 impresoras láser departamentais; 150 impresoras inxección; 80 equipos multifunción láser; 900 proxectores electrónicos; 308 pizarras dixitais; e 200 equipos de comunicacións. A chegada do novo material vai acompañada dun plan formativo para o profesorado. Lembrámoslles ao fío a aprobación hai pouco da iniciativa pola que até dez mil familias galegas poderán solicitar axudas de 300 euros para mercar computadores.

  • Anterior: No escáner de Vieiros: Chegaron os computadores á escola... e agora que?

- 09:57 21/06/2006
Tags:


0/5 (0 votos)