A mostra que "Michael Dunev Art Projects" inaugura o 1 de xullo será a primeira do pintor nas terras de Girona. Artista galego vinculado ao grupo Atlántica e colaborador do colectivo poético Rompente, é un nome fundamental na apertura e no dinamismo estético das artes plásticas en Galiza.
Dende os anos setenta Antón Patiño desenvolveu unha importante actividade artística con mostras en galerías e museos dentro fora do estado español. Foi membro fundador do movemento Atlántica e dende os 80 elabora dende Madrid impresionantes pinturas cargadas de signos primordiais, característica dá o nome esta exposición, con imaxes baseadas en iconas sinxelas: penanervios, un especie de Michelin de arame, ciclistas, ánforas, ás de aguia, cadeiras baleiras... Son imaxes que habitan amplos espazos cargados de manchas de cor que evocan estados de ánimo ou que implican significados persoais, como o negro, que pode aludir ao petróleo derramado no mar, ou o azul, con referencias acuáticas.
Nas súas reflexións en forma de aforismos sobre la pintura e a arte, en Mapa Ingrávido, Patiño di que "a pintura é un feito visual que se activa na mente. Na pintura vívese tamén o desgarro da sensibilidade actual, a contradición entre os diferentes planos de realidade (...) fálanos da posibilidade dun límite (...) é nomear a realidade, acoutar os seus límites (...) é o mapa do caos cartografado na materia (...) traza un plano que corta o caos…O que o pintor extrae do caos son recorrencias, aquelas formas que estaban aí somerxidas enterradas en un magma denso."
A pintura de Antón Patiño, que ten participado en exposicións en Barcelona e tamén noutras mostras de localidades da xeografía catalá, é coñecida e admirada e figura entre as coleccións de museos e das institucións máis prestixiosas do estado. Agora chega a Torroella de Mongrí, nas comarcas de Girona, un lugar que por casualidade queda na mesma latitude que a aldea onde o pintor ten a súa casa en Galiza, pero no outro estremo peninsular.
Signos Primordiais, de Antón Patiño
Inauguración o sábado 1 de xullo a partir das 19:30 h, coa presenza do artista
Até o 31 de xullo do 2006
Michael Dunev Art Projects
Carrer Major 28
17257 Torroella de Montgrí (Girona)
T (34) 972 75 9492 F (34) 972 75 8669 E info@dunev.com