Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SONDAXE SOBRE TRANSICIÓN EDUCATIVA E INSERCIÓN LABORAL

Défice de alumnos na Formación Profesional

Un 96% dos estudantes graduados na Educación Secundaria Obrigatoria galega no curso 2001-2002, o último analizado polo Instituto Nacional de Estatística, INE, continuara estudos nos seguintes treitos educativos, porcentaxe un par de puntos superior á media estatal. Con todo, mentres que no resto do Estado un 14.5% escollen algún módulo de Formación Profesional, en Galiza esa porcentaxe baixa ao 8.1%, aínda que sobe ao 34.6% entre os que seguen formación ao rematar o Bacharelato.

- 06:58 12/07/2006
Tags:

Galiza aparece así como a quinta comunidade onde máis estudantes deciden seguir a súa formación educativa ao rematar o Ensino Secundario e aparece no primeiro posto entre os que escollen facer o Bacharelato, 87.3% e á beira, no último entre os que escollen ciclos formativos de grao medio.

Cantabria, A Rioxa e Navarra aparecen na cima da lista entre as comunidades onde máis estudantes escollen a Formación Profesional para seguir estudos, todas elas con porcentaxes por riba do 20% do total dos que rematan a ESO. Ao fío, unha vez rematado o Bacharelato, os galegos aparecen como a comunidade onde máis mozos e mozas non continúan estudos, por baixo da media do 67.8% do resto do Estado, e unha das comunidades onde menos alumnos seguen estudos. Así e todo, desta volta, un 34.6% segue estudos en ciclos formativos de grao superior, a porcentaxe máis alta de todo o Estado.


Ligazóns

0/5 (0 votos)