Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROPOSTA DO PSdeG PARA A REFORMA ESTATUTARIA

"Nazón de Breogán" e 25 mil millóns do Estado

"O noso himno refírese a Galiza como nazón de Breogán. Este recoñecemento do carácter nacional de Galiza reafirma a forte identidade histórica da nosa comunidade e os seus trazos específicos, que se plasman nunha lingua e cultura propias que expresan a nosa singular e matizada percepción do mundo". Velaí a proposta do PSdeG para o Preámbulo do novo Estatuto. Á beira, os socialistas propoñen que a reforma fixe a petición dun investimento do Estado de 25 mil millóns de euros, a repartir en dez anos. Por outro lado, contámoslles tamén que a Xunta aprobou este xoves que o calendario laboral de 2007 defina o festivo do 25 de xullo como "Día Nacional de Galiza".

- 06:49 28/07/2006
Tags:

Os socialistas galegos presentaban así este xoves a súa proposta de preámbulo a debater na ponencia de reforma do Estatuto de Autonomía, subliñando que a iniciativa "expresa o recoñecemento do carácter nacional de Galiza" e destacando que "fai fincapé na referencia histórica da identidade e dos dereitos de Galiza". O PsdeG defende tamén que o texto que van poñer na mesa "pon en valor o Estatuto vixente e describe os avances de logrou Galicia ao amparo do texto".

Na proposta afondaba o presidente da Xunta e líder dos socialistas, Emilio Pérez Touriño, afondando no aspecto do financiamento, que na súa opinión non será un obstáculo para o acordo entre os partidos: "se contemplamos a próxima década todos estamos falando de 20 a 25 mil millóns de euros de investimento do Estado en Galiza", asegurou. Touriño dixo estar seguro de que os tres grupos parlamentarios poderán acadar unha fórmula que garanta ese abano de investimentos.


Ligazóns

0/5 (0 votos)