Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
38 CANCIÓNS A CONCURSO

A polo ghit: recta final

A procura do ghit galego está chegando á súa fin. O venres pechouse a entrada de novas cancións, e coas votacións feitas até daquela xa elaboramos (ou elaborastes) a lista das 38 cancións a concursión por orde de popularidade. Esta valoración fíxose analizando o promedio das puntuacións que vós destes ao longo destes tres meses, e en moi segundo plano o número de votos e de comentarios. A lista é orientativa e non vai condicionar a decisión do xurado -composto por Nonito Pereira, Xil Ríos, Mónica Ares e Pía de Tolomai-, que será a definitiva a efectos de nomear o gañador do premio final e que se dará a coñecer nesta fin de semana.De todos xeitos o premio fundamental -a promoción da vosa música e o apoio do público- xa vai máis que repartido. Parabéns a todos e moitas grazas por participar.

- 10:53 05/09/2006
Tags:


0/5 (0 votos)