Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
POSÍBEL TRANSLADO DE CALL-CENTERS DA EMPRESA A CHILE

Globalización: xa foi Jazztel, e agora vai Ono

A empresa de telefonía, internet e televisión dixital Ono podería estarse preparando para seguir os pasos de Jazztel e deslocar o seu servizo de atención telefónica a Latinoamérica, no caso de confirmarse a denuncia realizada pola CGT. O sindicato revela que nas súas instalacións levan semanas formando a traballadores da subcontrata Sitel, co obxectivo de transladalos a Chile e que alí ensinaran as dinámicas de traballo da empresa aos futuros traballadores. Os empregados de Call-Centers de Ono no estado amosan a súa preocupación polos seus postos de traballo.

- 10:28 19/09/2006
Tags:

O sindicato CGT enviou, desde a súa sección sindical no Call-Center de Ono en València, unha carta á dirección da empresa. A misiva, datada o 13 de setembro, solicitaba información sobre a posíbel creación de un Call-Center en Chile subcontratado a Sitel, e polo momento non foi respostada.

A preocupación dos empregados de Ono está motivada pola opacidade coa que a empresa procedeu á formación dos novos traballadores, aos que lles esixía a máxima confidencialidade sobre o seu labor, pola certeza de que os estaban formando para envialos a Chile, e polos precedentes de deslocalización de outras empresas do mesmo sector, como é o caso de Jazztel.

O peche dos Call-Centers de Ono podería deixar na rúa, segundo a CGT, a unhas 1.000 persoas.


0/5 (0 votos)