Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
ESTA É A SEGUNDA DAS CONFERENCIAS DO CICLO, QUE INCIOU EDUARDO GALEANO

Luís Toledo Sande analizará a latinidade no Club Internacional de Prensa

O Conselleiro Cultural da Embaixada de Cuba en España, Luis Toledo Sande, participará o próximo día 20 no ciclo América, cada vez máis latina, que organiza o Club Internacional de Prensa. Na súa intervención, Sande intentará responder á cuestión da latinidade desde unha visión crítica con ela. O escritor, editor e difusor da cultura cubana, analizará a cuestión latinomericana influenciado polo pensamento do seu compatriota José Martí.

- 13:05 13/10/2006
Tags:

A conferencia de Luis Toledo Sande explorará a historia e a actualidade americanas a partir dunha lectura crítica do concepto de latinidade. A institución programou esta segunda conferencia logo do éxito da interención de Eduardo Galeano o pasado día 4. Esta nova cita celebrarase ás 8 da tarde no Salón de Actos da Fundación Gonzalo Torrente Ballester.

Toledo Sande amosará o valor da herdanza latina para os pobos que, desde México ata a Patagonia a tiveron entre os elementos básicos da súa resistencia fronte os perigos que para eles –como para outros- sigue representando a voracidade da outra América, a anglosaxona. Na súa disertación, Sande advertirá que nin o peso da herdanza latina para os pobos devanditos, nin o poderío dos Estados Unidos, deben alimentar prexuízos e manipulacións de signo dominador ou racista.

Para sabermos máis do conferenciante, dicir que Luís Toledo Sande (Cuba, 1950) é licenciado en Estudos Cubanos pola Universidade da Habana, e Doctorado en Ciencias Filolóxicas pola mesma institución.Entre os seus volumes publicados dentro e fóra de Cuba, atópanse Precisa recordar, Flora cubana, Tres narradores agonizantes ou Textículos. Ademais, deu ao prelo De Cuba en el mundo(ensaio) e varios acerca de José Martí.

Tamén dentro e fóra de Cuba ten publicado numerosos textos de diversos xéneros en volumes colectivos e en publicacións seriadas. Prologou obras (algunhas con selección súa) de Luis Vélez de Guevara, José Martí, Miguel de Carrión, Jesús Castellanos, Carlos Loveira, Jorge Mañach e outros. Foi sucesivamente investigador, subdirector e director do Centro de Estudios Martianos dende a súa fundación en 1977 ata 1990.

Desde ese ano e até 1996 exerceu como profesor titular no Instituto Superior Pedagógico Enrique José Varona, tarefa compartida coa asesoría nacional, na dirección do Ministerio de Educación cubano, para a presencia do legado de José Martí nos plans de ensino nacioanis. A comezos de 1993, aínda vencellado ó mencionado Instituto Pedagóxico,
empezou a desempeñar a xefatura de redacción da revista Casa de las Américas, da que foi subdirector a partir de 1997 ata finais de 2005.

Dende xaneiro de 2006 cumple a responsabilidade de Conselleiro Cultural na Embaixada de Cuba en España.Foi Xurado en numerosos certames nacionais e no Premio Literario Casa de las Américas, este último de carácter internacional e durante máis de dez anos tivo ó seu cargo programas semanais en CMBF-Radio Musical Nacional (José Martí: la justicia y el arte), e en Radio Habana Cuba (Martí es humanidad), e participou como asesor en distintos programas de televisión. Entre os recoñecementos que recibíu no seu país, conta coa Distinción Por la Cultura Nacional.


0/5 (0 votos)