Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A EXPANSIÓN DA INTERNET SEN FÍOS TOMA CAMIÑOS ALTERNATIVOS

Faite cunha foneira e comparte WiFi!

Unha das últimas novidades na implantación das redes WiFi é a creación da comunidade FON, unha rede mundial de intercambio e préstamo de internet sen fíos. A súa implantación é xa bastante ampla, eles mesmos se definen como a maior comunidade WiFi do mundo. Para enredarse nela só é precisa umha 'foneira': unha especie de modem que serve para identificar e poñer en contacto aos foneiros entre si.

- 16:51 18/10/2006
Tags:

A expansión das redes WiFi é, en calquera caso, imparábel. No estado español son xa 100.000 os puntos de acceso a estas redes. Os hoteis, aeroportos, faculdades ou estacións xa se comezan a facer raros se non os teñen, e ademais son moitas as redes privadas de empresas ou de particulares. Destes, moitos son foneiros.

Na web do colectivo pódese consultar os Mapas FON, nos que se localizan os puntos de conexión cunha precisión non só de cidade ou barrio senón tamén de rúa. En Galiza están cubertas todas as cidades, xunto coas súas áreas metropolitanas, agás Ferrol. Ademais, o espectro galego conta tamén con foneiros en Cambre, Ponferrada, Gondomar, Cangas, Nigrán e Baiona.

Apuntarse é simple e barato: mercar a foneira, poñer a disposición do resto da rede a túa conexión WiFi, e poder aproveitar a dos demais en cada desprazamento.


5/5 (1 votos)