Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INTERNAUTAS DO RESTO DO ESTADO ARREMETEN CONTRA O NACIONALISMO GALEGO

A proposta de cambio de horario revoluciona a rede

A proposta xurdida na Asemblea Nacional do BNG da pasada fin de semana de instar á Xunta a adoptar o horario que corresponde ao noso fuso horario foi un dos temas que espertaron máis polémica e comentarios na rede nos últimos días. En xeral, os blogueiros galegos critican a manipulación que se fixo desta decisión por parte dos medios de comunicación estatais, e especialmente os de tendencia máis conservadora. Así, Alfaias e Cartafol do Mandeo reflicten esta realidade: o feito de que se destaque un dos detalles máis anecdóticos da Asemblea e se empregue para arremeter contra o nacionalismo galego.

- 10:18 07/12/2006
Tags:

O asunto está a ser tamén o máis comentado en Chuza, onde se len argumentos ás veces non moi ben fundamentados. Tamén se atopan ligazóns a outros medios de comunicación galegos e españois en que se publican todo tipo de opinións ao respecto. A meirande porcentaxe de negativas está, dende logo, nos medios estatais, onde se chega nalgúns momentos até o insulto.


Ligazóns

5/5 (1 votos)