Non hai nada que se publicaba La tetería del oso malayo: 184 páxinas (aquí podemos ver tres),editado por Astiberri e con prólogo de Enrique Ventura e José V. Galadí. Nela coñeceremos as aventuras do oso Sigfrido e a súa "fauna" de clientes: "superheroes con problemas emocionais, pais espartanos armados até os dentes e preocupados de protexer a inocencia das súas fillas aínda que sexa a golpe de disparos, criaturas mitolóxicas co corazón roto, pantasmas e delirios alcohólicos, cans robot, putas fermosas e con corazón, borrachos que superaron mil guerras e parellas que se destrúen por mor de fillos non natos... Todo iso e máis atoparán aí dentro, incluídas as claves de quen son e por que cona fago o que fago; unha vez máis, íspome ante vostedes". Así presenta esta obra. E, por se fose pouco, grazas á colaboración de María Lado, acaba de adentrarse no mundo do blogomillo con De tripas corazón. A David non fai falla preguntarlle, como a súa inquedante postal de nadal, se foi bo este ano...