A estatística oficial e a dos petos a miúdo non concorda. O Índice de Prezos do Consumo, IPC, ilústranos periodicamente cunhas cifras que as administracións usan de xeito oficial para pronunciárense sobre o custo da vida. No Reino Unido, a desconfianza dos cidadáns cara a estes números levou á creación dunha "calculadora persoal de inflación".
Fala a prensa británica da suspicacia dos consumidores fronte á evolución oficial dos prezos, e ao fío a Oficina de Estatística Británica responde cunha web que fornece unha ferramenta coa que calcular en detalle a inflación que sofre cada familia en particular segundo as compras que faga.
Os expertos da Oficina de Estatísticas do Reino Unido están dispostos a defenderen as súas cifras, argumentando que o consumidor repara máis nos produtos que soben o prezo que nos que se fan máis baratos. Ao fío, aseguran que roupa e calzado baixaron por aquelas terras até un 40% nos últimos dez anos.
E en Galiza, eurosubiron os prezos ou non subiron?