Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A ORGANIZACIÓN APOSTA POR APROVEITAR DE XEITO NATURAL OS RECURSOS DO MAR

A asociación ecoloxista Adega sinala que as macropiscifactorías apenas xeran emprego

"A que empresa se lle subvenciona o 50% do investimento con cartos públicos para arrasar co patrimonio natural e contaminar as augas a cambio de 15 postos de traballo". É unha das cuestións que a asociación ecoloxista Adega pon enriba da mesa en relación coa polémica en torno a situación das piscifactorías en Galiza. Segundo a asociación, o modelo que Pescanova quere implantar nas costas galegas "é insustentábel e socialmente inxusto" xa que ademais "de recibir cuantiosas subvencións públicas, a xeración de postos de traballo é moi baixa". Adega compara os 270 empregos do total das instalacións de rodaballo en toda Galiza coas máis de 13.000 persoas que traballan no cultivo do mexillón e aposta pola creación emprego na pesca tradicional, marisqueo e acuicultura a flote.

- 16:40 28/01/2007
Tags:

A asociación ecoloxista Adega tamén advirte das irregularidades que se dan no referido ao número de traballadores das futuras plantas. "En Touriñán ofertábanse 450 empregos e na planta de Mira (Portugal) fálase sen rubor de 1.300. Como é posíbel que nunha soa instalación se empreguen a tantas persoas como as ocupadas na totalidade do sector?". Neste sentido, sinalan datos do IGE (Instituto Galego de Estatística) de 2001 recollidos nun informe sobre Recomendacións Estratéxicas de I+D+I, nos que se fala do estado destas empresas en Galiza:"cadros de persoal inferiores a 50 traballadores das que máis dun terzo teñen menos de 10 empregados".


0/5 (0 votos)