Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
MANIFESTO "MATAR POR MATAR, NON"

Concentración de Protesta contra a "IV Copa de España de caza do raposo"

Na vila do Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galiza vaise celebrar o día 18 de febreiro a IV Copa de España de Caza do Raposo.
Esta vila,cuxa propaganda turística faI alusión a naturEza e pretende captar un turIsmo gostoso do medio ambiente e da gastronomía típica da nosa terra, figura estes días na crónica negra da España dos pobos nos que se tiran cabras dende os campanarios, alancean touros ou lles queiman os cornos vivos. Ganancia para un día e condena e repulsa da sociedade para o resto do ano.

- 16:37 01/02/2007
Tags:

A caza rematou o día 7 de xaneiro e pensabamos que xA nos libraramos dos problemas que esta prática causa aos animais, en xeral, e a maioría dos cidadáns que non podemos pasear tranquilos polo monte en particular. Pero, sempre hai trampas "legais" para seguir acosando aos animais indefensos , aínda que sexa en época de apareamento. E o pior é que, neste caso, non se cumpre nin o requisito mínimo que marca a Lei de Caza cando xustifica a mesma en base ao "aproveitamento cinexético". No caso do raposo, despois de fachendear do número de exemplares abatidos e de sacar a correspondente foto da fazaña,son simplemente enterrados.raposo1.jpg

O artigo 11 da Declaración Universal dos Dereitos do Animais (Londres 1977) di que "Todo acto que implique a morte dun animal sen necesidade é un biocidio,é decir, un crime contra a vida". A multiplicación de campionatos de raposos que se prodigan pola nosa xeografía ao longo do ano, pola morte de gran número de animais salvaxes que producen, poden clasificarse como xenocidio, é decir, un crimen contra a especie.

Esta continua actividade no monte, non deixa sosego para que os animais se reproduzan, e así temos que asistir á solta de animais criados en catividade para despois cazalos, sen que, polo xeral, teñan tempo de se adaptaren ao novo hábitat en liberdade. Todos os anos isto representa unha matanza de animais que non estan adaptados, atopanse asustados e perdidos nun medio no que foron abandoados e no que aínda non saben onde comer, beber ou se protexer.Todo porque non se deixa rexenerar a fauna no seu medio natural.

O monte está perforado de pistas, estradas, etc. que son a diario utilizadas polos humanos e que representan un obstáculo insalvábel para que os animais poidan coidar aos seus fillos. O territorio natural está parcelado por autoestradas, autovías, e trens de alta velociade, que crean currais dos que non poden sair os animais para aparearse e permitir a diversidade xenética. Os animais tamén son exterminados masivamente por causa dos incendios, o enterramento en vida nas covas de coellos, raposos, teixugos e outros, polas máquinas das constructoras, só ávidas de gañancias.

Como resultado o monte está falto de vida nartural. Xá non se ven coellos autóctonos, o lobo desaparece, non hai perdices silvestres, nin teixugo, donicela, bufo, aguia, etc.

Todos eles estan a pasar á lenda dos contos antigos sin que as novas xeracións poidan disfrutar da súa compañía.

Non faltan "científicos" ben pagados polo sistema que aínda se atrevan a culpar ao lobo ou ao raposo do perda doutras especies. O espazo natural estase a converter na lixeira das cidades. Aínda non existen servizos básicos para os habitantes do rural, pro este está a ser usado para xerar grandes beneficios para as empresas eléctricas con instalacións de aeroxeradores, liñas de alta tensión, etc. sen o máis mínimo coidado na conservación do medio. As autoestradas, autovías, "aves", gaseodutos, destrúen o medio, para servizo das grandes urbes, racaneando a inversión na redución de impacto ambiental mediante, leises totalmente permisivas e feitas ao dictado das constructoras. Despois virá quen lle bota a culpa ao raposo, xabarín, lobo, etc. dos accidentes.

A Consellería de Medio Ambiente, da que é titular o oriundo e ex-alcalde do Carballiño, Manuel Váquez, debera pensar que os amantes dos animais tamén votamos. Tiñamos a esperanza de que algo cambiaría a hora de protexer o Medio Ambiente. Mais delegados e consellerio gostan de fotografarse en cacerías e competicións e financiando a federacións de caza en nada comprometidas coa preservación natural polo que se deduce do tipo de eventos que organiza. Todo se xustifica polos beneficios que reporta aos restauradores e hosteleiros. Moitos máis beneficios lle reportaría a este sector a promoción dun turísmo ecolóxico apoiado nun entorno natural de envexa e cunha gastronomía de calidade coma a que temos. Mais a sua miopía fai bon o dito de "pan para un día, fame para 364". Algúns dos nosos representantes políticos viven nun mundo anacrónico aparecendo en ceas, comidas e "festivais cinexéticos", afastado do crecente sentido común da sociedade preocupada pola preservación da natureza e da convivencia harmónica cos animais.Os espectáculos con morte e maltrato dos animais estan sendo marxinados no mundo enteiro (prohibición da caza do raposo en Inglaterra).
Os nenos nas escolas son educados para respetar e amar aos animais, apesares dos rancios e desfasados programas televisivos ou radiofónico, "Couto Vivo" e "Caza e Pesca".

-Reclamamos a Medio Ambiente que se modifique a Lei de Caza. Que se prohiban as competicións e toda actividade cinexética no monte durante a época de cria.

-Que non se permita nesa época o acceso de vehículos ao monte e se restrinxa racionalmente a circulación sin límites polos espacios que necesitan os animais para vivir(xá ben pouco lles deixamos).

-Tempada de caza única e sin trucos(tempada da torcaz,da chocha,campionato de…)

-As batidas (de ser necesarias), con un aval científico contrastado,e que só se autoricen en tempo de caza, con estrictas mediadas de seguridade (distancias a poblacións, estradas,etc) que garantan o uso pacifico do monte que facemos o común dos cidadáns.Prohibición de batidas sorpresa fóra de época.

-Os coutos e TECORES deben cumplir estrictamente a normativa,con data de caducidade non prorrogable de oficio, e respetando os espacios de Refuxio de Fauna dos propietarios que desexen segregarse dos tecores.

-Creación de un Comité Regulador de Actividades Cinexéticas con amplia representación social que garantice a sostibilidade da fauna e os dereitos de todos –non só dun sector poderoso económicamente, mais que está a controlar totalmente á administración para satisfacer as súas raras ansias de diversión-, porque o monte é de todos e todos temos que decidir. Por todo o exposto é obvio que non se dan as circunstancias para que se autorice a celebración deste campionato de caza do raposo, que coa denominación de IV Copa de España de Caza Do Raposo, se pretende celebrar o domingo 18 de Febreiro en TECORES das comarcas do Carballiño e Ribeiro, pedimoslle ao Sr. Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galiza, a suspensión da celebración da IV Copa de España de Caza do Raposo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: